28 fevereiro 2015

A AELG premia á Asociación de Medios en Galego


Despois de 3 anos de traballo asociativo, sempre presta que unha entidade o valore. E se chega nada menos que da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), moito mellor. A entidade vén de anunciar que un dos Premios AELG 2015 á’s Institucións’ en defensa do uso do galego nos medios de comunicación nun momento de “especial dificultade” para este idioma, recaerá na Asociación de Medios en Galego, da que formamos parte.

 
Un premio que compartirá a AMEGA co Colexio de Xornalistas de Galicia.
“Creo que é un clamor a necesidade de que existan medios en galego e que se amplíe o espazo que este ten naqueles que non están nesta lingua”, asegurou o presidente da entidade Cesáreo Sánchez, tras a celebración da Asemblea Xeral Anual da asociación.
Estes premios, avanzou, serán entregados nunha gala que terá lugar o día 9 de maio en Lugo e na que tamén se recoñecerá a traxectoria de Xosé María Álvarez Cáccamo co premio ‘Escritor na súa terra-Letra E’ que cada ano concede a asociación a un autor destacado pola calidade do seu traballo. Ademais, nesta gala o autor brasileiro Luís Ruffato será nomeado ‘Escritor Galego Universal 2015’ e a AELG recoñecerá como ‘Mestres dá Memoria’ a Xosefa Arias e a Emilio do Pando, aos que Cesáreo Sánchez encomiou como “dous grandes narradores orais”.

Nenhum comentário:

Postar um comentário