19 abril 2012

Poesía e música para apoiar os medios en galego en Santiago o 27 de abril



Santiago de Compostela, 19 de Abril de 2012.- Vitaminas para o Galego, a plataforma na que colaboran 24 medios de comunicación na lingua propia, organiza un festival artístico o vindeiro venres 27 de abril en Compostela. O evento inclúe un recital poético a cargo de Olalla Cociña, Xia Arias, Alicia Fernández e Gonzalo Hermo, seguido dun concerto do grupo punk de Muros Terbutalina.

03 abril 2012

Festa das Vitaminas en Santiago de Compostela

Vitaminas para o galego ultima o programa da festa que se organizará en Santiago de Compostela, na Gentalha do Pichel o 27 de abril coa actuación de Terbutalina.

Próximamente informaremos dos puntos de venda das entradas.

Os medios que impulsan a iniciativa ultiman asimesmo as actividades relacionadas co 17 de maio, dia das Letras Galegas.